Coruña


Pazo de Santa Cruz de Ribadulla e miradoiros do Ulla.


Propoñemos esta curta, pero preciosa ruta para admirar o singular pazo de Santa Cruz e marabillarnos coas vistas que se divisan desde os miradoiros. Esta ruta non excede dos 10 km, podémola catalogar de fácil, aínda que hai 200 m de desnivel entre Ponte Ulla e os miradoiros.
Nós fixemos este paseo, visitando primeiro o pazo, estivemos case toda a mañá recorrendo a enorme extensión propiedade do pazo. E faría falla máis tempo para apreciar todas as especies arbóreas que posúe. Paseo de buxos, paseos de camelias, bosque con especies autóctonas e exóticas, destaca un enorme tulípero de Virginia á beira dun estanque, unha sobreira máis que centenaria, carreiras de oliveiras, etc. Logo comimos en Ponte Ulla e, pola tarde, fumos aos miradoiros. Aconsellamos ir ao miradoiro vello, ten menor cota que o novo, pero as vistas son espectaculares (é perigoso asomarse).
Dependendo da climatoloxía, podemos invertir o recorrido se queremos ter boa vistas. Nós, por exemplo, non poidemos apreciar as vistas sobre a ría de Arousa (chégase a ver Vilagarcía), porque pola tarde había bruma. Nembargantes, pola mañá había un día luminoso.



Un pouco de historia ....
A seguinte información está extraída do folleto que che ofrecen ao visitar o pazo.
«Ao abeiro do Pico Sacro, na marxe coruñesa do Río Ulla (Vedra), atópase este pazo senlleiro. A súa historia remóntase ao século XVI, cando o coengo da Catedral de Santiago, Juan Ibáñez de Mondragón, adquiríu as propiedades que se convertirían no Pazo de Santa Cruz, coñecido daquela como a Torre e o Casar de Ortigueira.
O coengo e máis tarde o seu sobriño o cardeal Juan de Mondragón, estenderon as propiedades. Edificouse a capela, arranxáronse os edificios e fixéronse plantacións de oliveiras e vides. As fontes, os estanques, o reloxo de sol, a fervenza, a pérgola parrada, o corralón, son algúns dos atractivos do pazo.
Na actualidade pertence ao marqués de Santa Cruz, Juan Armada, e é coidada con esmero por un matrimonio e oito empregados que se ocupan dos xardíns e da produción de camelias.»



Ver a localización da ruta en Google Maps:


Testemuña gráfica:


Entrada ao Pazo
Fonte de Jovellanos
Fervenza
Ao fondo, estanque circular
Paseo dos buxos
Estanque grande e enormes tulíperos de Virginia
Pontes do ferrocarril
Miradoiro novo
Vista  desde o miradoiro, ao fondo, Pico Sacro

Coordenadas dos puntos de interese da ruta:
Pazo
N
42.7716759413
42º 46' 18,25''
W
-8.4259341656
8º 25' 33,70''
Miradioro novo (sobre a ponte nova do ferrocarril)
N
42.7822002845
42º 46' 55,93''
W
-8.3881604966
8º 23' 17,27''
Miradoiro vello (a carón da ponte vella do ferrocarril)
N
42.7838651489
42º 47' 1,92''
W
-8.3915397198
8º 23' 29,44''

No hay comentarios:

Publicar un comentario