Pontevedra


Circular Río Tea - Castelo de Vilasobroso.


A ruta iníciase no punto vermello do mapa, Área Recreativa de Fózara. Ten un amplo espazo para aparcar os coches. Collemos a estrada PO-253, a 200 m desviámonos cara a dereita por un camiño que leva a un muiño que colle a auga do Rego Borbén (ou Mendres, non quedou claro que nome ten o rego nese treito). Cruzamos o rego por unha pontella e, á beira dunha levada, chegamos á marxe dereita do río Tea. Pasamos a Área Recreativa da Freixa e chegamos a Ponteareas.
Pasamos a ponte da N-120, cruzamos a PO-254 e, pasando pola traseira do Pavillón Polideportivo, collemos a Ruta do Río Canedo e subimos ata o Convento de San Francisco.
Subimos o Monte Picaraña e, bordeando polo sur e sudeste, chegamos ao Castelo de Vilasobroso. Despois dun descanso, collemos en dirección noroeste, atravesamos o lugar da Ermida e chegamos á Capela de Santa Tegra. Perto dela, en dirección oeste, atópase o moi interesante Castro de Troña*. Non o incluimos nesta ruta por falta de tempo (no mes de novembro os días son curtos).
Desandamos un pouco o camiño e buscamos un camiño que, en dirección norte, conecta coa PO-254 que nos leva a Mondariz-Balneario. Dámos un paseo polos espazos máis emblemáticos deste pequeno concello de paso que descansamos. Collemos o Río Tea pola marxe esquerda, cruzámolo pola ponte da PO-0901 e, pasando a curva a 90º, collemos un camiño moi ben preparado que baixa e lévanos pola marxe dereita do Tea.
Seguindo a senda, chegamos á Praia das Pías e pasamos uns resaltes rochosos donde o Tea pasa encaixonado, a 350 m collemos un camiño á dereita que nos deixa na Área Recreativa de Fózara.
[*] No mapa, o Castro de Troña, é o punto vermello donde se sitúa a letra "E" de Ermida de Santa Tegra.

Testemuña gráfica
Rego Borbén (Mendres?)
Muiño do Caneiro
Rego Mendres (Borbén?)
Cruceiro
Dedicatoria
Mañanciña de xiada no Tea
Río Tea
Río Tea
N-120 en Ponteareas, ao fondo, o Montouto.
Indicadores
Convento franciscano de Canedo
Vista de Ponteareas desde o convento
Interior da igrexa do convento
Traseira do castelo de Vilasobroso
Ermida de Santa Tegra
Fonte do manancial de Gándara
Pasais no Tea saíndo de Mondariz
Praia das Pías e resaltes graníticos


Información de interese
Inicio, A Lomba (Fózara): 0 km, 42º 13' 34,43'' N 8º 30' 37,06'' W
Ponteareas: 8 km
Convento: 9,5 km
Castelo: 15 km, 42º 12' 21,77'' N 8º 27' 50,05'' W
Capela: 18 km, 42º 12' 49,23'' N 8º 28' 52,50'' W
Castro de Troña: 42º 12' 50,50'' N 8º 29' 24'' W
Mondariz (con paseo): 23 km
Chegada, A Lomba (Fózara): 30 km


Roteiro polo curso medio-alto de Río Tea.
As últimas cores do outono.



Entre Fofe, Maceira, Lourido e Barcia de Mera, hai unha serie de roteiros que teñen por eixe o Río Tea. Nós fixemos un percorrido aproximadamente circular entre as parroquiais de Fofe e de Barcia de Mera, incluíndo así varios deses roteiros. Eran os últimos días do outono, as cores amarelas xa desapareceran e quedaban os ocres. Un espectáculo.



Ver zona do roteiro en Google Maps:

Testemuña gráfica:
Praia fluvial de Maceira.
Bonito meandro do Tea.
Redondo
Muiños de Portofurado.
En primeiro termo, cheminea da rectoral.
Impresionante porta da rectoral.
Pasais de Lourido no Río Tea.
Capela da Escravitude (Lourido)


Un bo exemplar en Maceira.
Serrería dos Carranos.
Ponte medieval no Tea que une Fofe e Maceira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario